viernes, 27 de noviembre de 2009

Nunca Máis




Unha das peores traxedias socedidas en Galiza . O pasado 13 de Novembro fixo 7 anos da traxedia do Prestige . Mirade o video e vede cantos galegos e galegas sofreron a desgraza .

Franquismo

Durante o franquismo, cualificado por Celso Emilio Ferreiro de "longa noite de pedra", sucedéronse diferentes etapas represivas coas ideas galeguistas, a partir da loita armada de moitos galeguistas en contra de Francisco Franco.

Na posguerra créase en Bos Aires o Consello de Galiza, comandado por Castelao e Suárez Picallo. No ano 1944 sae do prelo Sempre en Galiza, guía ideolóxica do galeguismo. Pouco a pouco vaise optado polo mantemento dunha acción cultural, como manifesta a creación da editorial Galaxia.

No ano 1964 fúndanse a Unión do Pobo Galego (UPG, que Méndez Ferrín, un dos seus fundadores definiu como o partido nacionalista de esquerda revolucionaria) e o Partido Socialista Galego (PSG, con X. M. Beiras e Salvador García-Bodaño).

Idade Contemporánea


En 1833 Galiza perde a súa representatividade como unidade administrativa e desaparece a Xunta do "Reino de Galiza". É aqui que nacen as actuais catro provincias galegas que estruturan o territorio baixo administración do goberno central. Atopamos neste século o primeiro xurdimento dun movemento político que vai defender Galiza por causa desta perda de poder.
O Rexurdimento supón unha tentativa culturalista de defensa da galeguidade posterior a esa tentativa política o afianzamento da conciencia de diferenciación cultural parella a un ideal político de autopertenza. Isto supón a recuperación da lingua galega como vehículo de expresión culto. Desta época son Rosalía de Castro, Murguía, Manuel Leiras Pulpeiro ou Eduardo Pondal, entre outros.

Idade Antiga , Media e moderna


Idade Antiga
A romanización
Muralla romana de Lugo.
Catedral de Santiago de Compostela.Os romanos someteron a Galicia para aproveita-los seus recursos mineiros. Co tempo converteríana en provincia do imperio e recoñecerían a súa personalidade chamándoa Gallaecia. Con eles, os castros perderon o seu vello valor defensivo. Trouxeron novas técnicas, novas vías de comunicación, novas formas de organiza-la propiedade e unha lingua nova, pero foron tolerantes coa cultura existente.

O cristianismo chegaría a Galicia cos romanos. Lograría o que non acadou o latín e impúxose ó arrianismo dos suevos e ó paganismo prerromano. Os suevos, que mantiveron Galicia como reino independente cento setenta anos, foron progresivamente mediatizados polos visigodos. Foi na súa época na que se impuxeron definitivamente a lingua latina e o cristianismo, evolucionando o primeiro cara o galego e mesturándose o segundo cos costumes pagáns.

O Islam chegaría ó sur de Galicia e só o norte se mantería como bastión da Reconquista ata que, logo de recupera-lo sur, este se independizara co nome de Portugal. As actividades económicas dos castrexos baséanse na agricultura e gandería-pastoril.

Idade Media
Artigo principal: Reino de Galicia.
A aparición do sepulcro do Apóstolo 'Sant Iago' no século IX conferiulle a Galicia unha importancia clave dento do fortalecemento dos reinos cristiáns, erixíndose Santiago de Compostela como centro relixioso e destino de peregrinos que fortaleceron as ligazóns con Europa. O Camiño de Santiago converteuse nun eixo cultural polo que se espallaron, entre outros, a arte románica ou a lírica dos trobadores, facendo dela tamén un contrapeso cultural fronte ó centralismo.

Idade Moderna
Artigo principal: Galicia na Idade Moderna.
A partir da escriturización normativa en castelán comezada por Afonso X, o galego como lingua comezou unha decadencia acelerada dentro do proceso de uniformización de España, pasando polos chamados "Séculos Escuros", nos que a supervivencia lingüística foi só oral. No século XVIII comezouse a tomar conciencia da situación de división lingüístico-social entre o pobo galegofalante e os poderosos, castelán-falantes
.

Prehistoria




As primeiras probas líticas de presenza humana en Galiza remóntanse a hai uns 300.000 anos, no Paleolítico Inferior, durante o Pleistoceno medio. Apareceron restos destes poboadores por todo o litoral, dende Ribadeo ata A Guarda. Estes restos son instrumentos líticos, que nos amosan unha industria Acheulense a base de bifaces, fendedores, triedros,... feitos sobre unha base de cuarzo ou cuarcita. Coñécense dúas culturas, o paleolítico inferior arcaico (ou "cultura dos cantos tallados") e o paleolítico inferior clásico ou Acheulense. A técnica é máis simple na primeira delas. As industrias son simples e o número de tipos reducido.

A primeira claramente identificada, caracterízase pola súa capacidade construtora e arquitectónica, xunto co seu sentido relixioso, fundamentado no culto ós mortos como mediadores entre o home e os deuses. Este sentido relixioso abrangue a súa importancia ata a actualidade. Estaban constituídos en clans. Desa época dan testemuña milleiros de mámoas e medorras espalladas por todo o territorio.

Idade de Bronce
É nestes tempos cando se acada o desenvolvemento metalúrxico, impulsado pola riqueza mineira. Parece que debido ós cambios climáticos, varios pobos da meseta trasladáronse a Galicia, incrementando a poboación e os conflitos entre pobos. É a época de produción de diversos utensilios e xoias de ouro ou de bronce, que mesmo foron levadas máis aló dos Pirineos.

Bandeira e escudo de Galiza




A bandeira galega foi creada no século XIX, e está inspirada na bandeira da Comandancia Naval da Coruña. Ten fondo branco e presenta unha franxa azul dende o ángulo superior esquerdo ata o inferior dereito.
O escudo de Galiza trae, en campo de azur, un cáliz de ouro sumado dunha hostia de prata, e acompañado de sete cruces recortadas do mesmo metal, tres a cada lado e unha no centro do xefe. O timbre, coroa real, cerrada, que é un círculo de ouro, engastado de pedras preciosas, composto de oito floróns de follas de acanto, visibles cinco, interpoladas de pérolas, e das súas follas saen cadansúas diademas sumadas de perlas, que converxen nun mundo de azur, co semimeridiano e o ecuador de ouro, sumado de cruz de ouro. A coroa, forrada de goles ou vermello.


Os nacionalistas teñen unha estrela vermella en lugar do escudo.

Denominación

Na Antigüidade os gregos a chamaban "Kallaikia" (καλλαικια) e aos seus habitantes "kallaikoi" (καλλαικoι), que era o nome co que os habitantes da cultura castrexa se coñecían a si mesmos. O topónimo evoluíu a "Gallaecia" baixo a administración romana. Na época medieval constituíuse como reino independente, co nome de "Reyno de Galicia" formando parte integrante posteriormente do Reino de León, malia manter o seu carácter de reino (Reyno de Galicia) ata a chegada do absolutismo no século XIX, momento no cal (1833) se crearon as actuais provincias galegas e se creou como tal a coroa española, unificando as diversas coroas de "las españas", que o monarca posuía. No período transicional entre a Idade Antiga e a Idade Media, Galicia foi chamada ocasionalmente Suevia debido a que este territorio foi o centro no cal se estableceron as etnias invasoras dos xermanos suevos (ou suavos).