viernes, 27 de noviembre de 2009

Nunca Máis




Unha das peores traxedias socedidas en Galiza . O pasado 13 de Novembro fixo 7 anos da traxedia do Prestige . Mirade o video e vede cantos galegos e galegas sofreron a desgraza .

Franquismo

Durante o franquismo, cualificado por Celso Emilio Ferreiro de "longa noite de pedra", sucedéronse diferentes etapas represivas coas ideas galeguistas, a partir da loita armada de moitos galeguistas en contra de Francisco Franco.

Na posguerra créase en Bos Aires o Consello de Galiza, comandado por Castelao e Suárez Picallo. No ano 1944 sae do prelo Sempre en Galiza, guía ideolóxica do galeguismo. Pouco a pouco vaise optado polo mantemento dunha acción cultural, como manifesta a creación da editorial Galaxia.

No ano 1964 fúndanse a Unión do Pobo Galego (UPG, que Méndez Ferrín, un dos seus fundadores definiu como o partido nacionalista de esquerda revolucionaria) e o Partido Socialista Galego (PSG, con X. M. Beiras e Salvador García-Bodaño).

Idade Contemporánea


En 1833 Galiza perde a súa representatividade como unidade administrativa e desaparece a Xunta do "Reino de Galiza". É aqui que nacen as actuais catro provincias galegas que estruturan o territorio baixo administración do goberno central. Atopamos neste século o primeiro xurdimento dun movemento político que vai defender Galiza por causa desta perda de poder.
O Rexurdimento supón unha tentativa culturalista de defensa da galeguidade posterior a esa tentativa política o afianzamento da conciencia de diferenciación cultural parella a un ideal político de autopertenza. Isto supón a recuperación da lingua galega como vehículo de expresión culto. Desta época son Rosalía de Castro, Murguía, Manuel Leiras Pulpeiro ou Eduardo Pondal, entre outros.

Idade Antiga , Media e moderna


Idade Antiga
A romanización
Muralla romana de Lugo.
Catedral de Santiago de Compostela.Os romanos someteron a Galicia para aproveita-los seus recursos mineiros. Co tempo converteríana en provincia do imperio e recoñecerían a súa personalidade chamándoa Gallaecia. Con eles, os castros perderon o seu vello valor defensivo. Trouxeron novas técnicas, novas vías de comunicación, novas formas de organiza-la propiedade e unha lingua nova, pero foron tolerantes coa cultura existente.

O cristianismo chegaría a Galicia cos romanos. Lograría o que non acadou o latín e impúxose ó arrianismo dos suevos e ó paganismo prerromano. Os suevos, que mantiveron Galicia como reino independente cento setenta anos, foron progresivamente mediatizados polos visigodos. Foi na súa época na que se impuxeron definitivamente a lingua latina e o cristianismo, evolucionando o primeiro cara o galego e mesturándose o segundo cos costumes pagáns.

O Islam chegaría ó sur de Galicia e só o norte se mantería como bastión da Reconquista ata que, logo de recupera-lo sur, este se independizara co nome de Portugal. As actividades económicas dos castrexos baséanse na agricultura e gandería-pastoril.

Idade Media
Artigo principal: Reino de Galicia.
A aparición do sepulcro do Apóstolo 'Sant Iago' no século IX conferiulle a Galicia unha importancia clave dento do fortalecemento dos reinos cristiáns, erixíndose Santiago de Compostela como centro relixioso e destino de peregrinos que fortaleceron as ligazóns con Europa. O Camiño de Santiago converteuse nun eixo cultural polo que se espallaron, entre outros, a arte románica ou a lírica dos trobadores, facendo dela tamén un contrapeso cultural fronte ó centralismo.

Idade Moderna
Artigo principal: Galicia na Idade Moderna.
A partir da escriturización normativa en castelán comezada por Afonso X, o galego como lingua comezou unha decadencia acelerada dentro do proceso de uniformización de España, pasando polos chamados "Séculos Escuros", nos que a supervivencia lingüística foi só oral. No século XVIII comezouse a tomar conciencia da situación de división lingüístico-social entre o pobo galegofalante e os poderosos, castelán-falantes
.

Prehistoria




As primeiras probas líticas de presenza humana en Galiza remóntanse a hai uns 300.000 anos, no Paleolítico Inferior, durante o Pleistoceno medio. Apareceron restos destes poboadores por todo o litoral, dende Ribadeo ata A Guarda. Estes restos son instrumentos líticos, que nos amosan unha industria Acheulense a base de bifaces, fendedores, triedros,... feitos sobre unha base de cuarzo ou cuarcita. Coñécense dúas culturas, o paleolítico inferior arcaico (ou "cultura dos cantos tallados") e o paleolítico inferior clásico ou Acheulense. A técnica é máis simple na primeira delas. As industrias son simples e o número de tipos reducido.

A primeira claramente identificada, caracterízase pola súa capacidade construtora e arquitectónica, xunto co seu sentido relixioso, fundamentado no culto ós mortos como mediadores entre o home e os deuses. Este sentido relixioso abrangue a súa importancia ata a actualidade. Estaban constituídos en clans. Desa época dan testemuña milleiros de mámoas e medorras espalladas por todo o territorio.

Idade de Bronce
É nestes tempos cando se acada o desenvolvemento metalúrxico, impulsado pola riqueza mineira. Parece que debido ós cambios climáticos, varios pobos da meseta trasladáronse a Galicia, incrementando a poboación e os conflitos entre pobos. É a época de produción de diversos utensilios e xoias de ouro ou de bronce, que mesmo foron levadas máis aló dos Pirineos.

Bandeira e escudo de Galiza




A bandeira galega foi creada no século XIX, e está inspirada na bandeira da Comandancia Naval da Coruña. Ten fondo branco e presenta unha franxa azul dende o ángulo superior esquerdo ata o inferior dereito.
O escudo de Galiza trae, en campo de azur, un cáliz de ouro sumado dunha hostia de prata, e acompañado de sete cruces recortadas do mesmo metal, tres a cada lado e unha no centro do xefe. O timbre, coroa real, cerrada, que é un círculo de ouro, engastado de pedras preciosas, composto de oito floróns de follas de acanto, visibles cinco, interpoladas de pérolas, e das súas follas saen cadansúas diademas sumadas de perlas, que converxen nun mundo de azur, co semimeridiano e o ecuador de ouro, sumado de cruz de ouro. A coroa, forrada de goles ou vermello.


Os nacionalistas teñen unha estrela vermella en lugar do escudo.

Denominación

Na Antigüidade os gregos a chamaban "Kallaikia" (καλλαικια) e aos seus habitantes "kallaikoi" (καλλαικoι), que era o nome co que os habitantes da cultura castrexa se coñecían a si mesmos. O topónimo evoluíu a "Gallaecia" baixo a administración romana. Na época medieval constituíuse como reino independente, co nome de "Reyno de Galicia" formando parte integrante posteriormente do Reino de León, malia manter o seu carácter de reino (Reyno de Galicia) ata a chegada do absolutismo no século XIX, momento no cal (1833) se crearon as actuais provincias galegas e se creou como tal a coroa española, unificando as diversas coroas de "las españas", que o monarca posuía. No período transicional entre a Idade Antiga e a Idade Media, Galicia foi chamada ocasionalmente Suevia debido a que este territorio foi o centro no cal se estableceron as etnias invasoras dos xermanos suevos (ou suavos).

Galiza


Galiza é unha nazón establecida xurídica e administrativamente desde 1978 como Comunidade Autónoma con estatuto de "nacionalidade histórica" segundo a Constitución española .
Está situada no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, con Asturias e Castela e León, ao oeste co Océano Atlántico, ao norte co Mar Cantábrico e, ao sur coa República de Portugal.
Ten como lingua propia o galego, similar e de orixe común co portugués .
A consideración de Galiza como nazón e unha procura constante dun maior grao de autogoberno son defendidas por un número significativo de cidadáns. As tendencias nacionalistas, e mesmo as non-nacionalistas, en Galiza son, na súa meirande parte, de tipo federalista, isto é, a formación dunha federación co resto dos actuais territorios españois ou peninsulares. Ademais, tamén existen grupos independentistas.
Galiza posúe uns 2,78 millóns de habitantes , cunha distribución poboacional que aglomera a meirande parte na franxa entre Ferrol e Vigo. Santiago de Compostela é a capital cun estatuto especial, dentro da provincia da Coruña. En Galiza, os núcleos urbanos con rango de cidade son sete, que segundo criterios poboacionais son os seguintes: Vigo, A Coruña, Ourense, Lugo, Santiago de Compostela, Pontevedra e Ferrol.

miércoles, 25 de noviembre de 2009

A miña oficiña



Este video foi gravado en Cedeira é un video do proxecto serea , é un video sobre a vida dos mariñeiros , o mar aqui no litoral galego é impotantísimo xa que miles de familias viven grazas a él . Puxen este video porque representa ben como é o mar para os mariñeiros e porque un moi bo amigo meu participou neste anuncio .

Torre de Hércules



A torre de Hércules é unha torre e un faro situado na península da cidade de A Coruña . A súa altura é de 68 metros , o segundo faro máis alto da penínula Ibérica e data do século I , é o faro romano máis antigo en funcionamento do mundo . Este ano foi procramado Patrimonio da Humanidade .

Hai varias lendas relacionadas coa súa contrucción , unha delas di que Hércules chegou en barca as terras que rodean a torre e que precisamente ali enterrou a cabeza do xigante Gerión despós de vencelo nun combate . Outros historiadores din que é a torre de Breogán .

Amancio prada - Adiós ríos adiós fontes



Esta canción é cantada por Amancio Prada e é un poema de Rosalia de Castro .

Vivamos como galegos !

Este video pertence o anuncio de Gadis , recomendovos que o vexades .

martes, 17 de noviembre de 2009

Castelao


Aproveitando que no instituto estamos a falar del , faceremos un breve recordo del .
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao naceu en Rianxo , Galiza en 1886 e morreu en Bos Aires , Arxentina no ano 1950 . Foi político , escritor , pintor e debuxante galego asi como un dos país do nacionalismo galego . Estudou medicina e afirmaba : Fixenme médico por amor ó meu pai ; non exerzo a profesión por amor a humanidade .
Polifacético novelista , debuxante , caricaturista , pintor , teórico do arte político , sua obra sempre reflexou o seu compromiso co galeguismo e co mundo . Durante o exilio franquista en 1944 publicou Sempre en Galiza , desde entón o gran texto do nacionalismo galego .
Deixovos uns dos títulos das suas obras :
1. Cego da romería . (1913)
2. Un ollo de vidro . Memorias dun esquelete . (1922)
3. Cousas . (1926 , 1929 )
4. As cruces de pedra na Bretaña . (1930)
5. Nós . (1931)
6. Os dous de sempre . (1934)
7. Retrincos . (1934)
8. Milicianos . (1938)
9. Sempre en Galiza . (1944)
10. Os vellos non deben de namorarse . ( Obra teatral representada en 1941 , publicada en 1953 )

miércoles, 11 de noviembre de 2009

lunes, 9 de noviembre de 2009

Empeza o mal tempo


Empeza romper o mar como todos os invernos , é unha rutina galega , pero é unha rutina que merece a pena ver , xa que é impresionante ver como saltan as olas .

domingo, 8 de noviembre de 2009

sábado, 7 de noviembre de 2009

Para todos os galegos

Galiza é unha terra verde , con dous mares , cos cantis máis altos de Europa , ten o cabo máis o norte da península , é unha terra chea de montañas , árbores , ten unha costa fermosisima e moi recortada , é o país máis bonito que coñezo , ten o seu propio idioma ainda que haiba xente cun logotipo dunha gaivota que non o aprove nós o temos e non nolo van quitar xamais , ten un ceo sempre nubrado , ten catedrais e murallas , ten galegos e galegas , ten poetas , ten mitos e lendas , ten historia .

Vella que non sabe o que di

viernes, 6 de noviembre de 2009

Real club Deportivo da Coruña

Este equipo é a honra de Galiza , é o equipo que lle chafou o centenario os galácticos , o único equipo galego que gañou a liga , o único equipo galego que chegou a semifinais da champions league . OPA DEPOR !

Hino Galego - Eduardo Pondal


Que din os rumorosos

na costa verdescente ,

ao raio transparente

do prácido luar ?

Que din as altas copas

de escuro arume arpado

co seu ben compasado

monótono fungar ?


Do teu verdor cinxido

e de benignos astros

confin dos verdes castros

e valeroso clan ,

non des a esquecemento

da inxuria o rudo encono ;

desperta do teu sono

fogar de Breogán .


Os bos e xenerosos

a nosa voz entenden

e con arroubo atenden

o noso rouco son ,

máis so os ignorantes

e férridos e duros

imbéciles e escuros

non nos entenden , non .


Os tempos son chegados

dos bardos das edades

que as vosas vaguedades

cumprido fin terán ;

pois , dondequer , xigante

a nosa voz pregoa

a redezón da boa

Nazón de Breogán .



O PP pretende quitar a seleccion galega


Non podemos permitir isto xa que forma parte do noso pais , a seleccion servia para que moitos xogadores galegos se desen a ver .

O noso principal inimigo

Chámase PP e o goberna un tal Feijoo , este estanos levando a un sitio peor na sociedade , os nacionalistas coma nos non queremos esta clase de individuos gobernando , queremos o bloque , Feijoo fai pagar os libros da escola , gasta millóns en facer un cuestionario sobre que lingua queremos falar , estamos en Galiza queremos falar galego , non preguntes ! e se somos españois como ti dis porque non traes o AVE ata aqui ?con todo o vento que fai aqui , en Galiza e todos os molinos de vento que temos poderiamos ter electricidade gratis nas casas todos os galegos , so que ti a levas por toda españa en vez de quedar na casa . As autopistas galegas eran de Fraga pero el vendeunas a extranxeiros , con isto conseguiu que os cartos do peage sairan de Galiza e desta forma facernos perder mais cartos . Ide durmir fachitas .