martes, 17 de noviembre de 2009

Castelao


Aproveitando que no instituto estamos a falar del , faceremos un breve recordo del .
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao naceu en Rianxo , Galiza en 1886 e morreu en Bos Aires , Arxentina no ano 1950 . Foi político , escritor , pintor e debuxante galego asi como un dos país do nacionalismo galego . Estudou medicina e afirmaba : Fixenme médico por amor ó meu pai ; non exerzo a profesión por amor a humanidade .
Polifacético novelista , debuxante , caricaturista , pintor , teórico do arte político , sua obra sempre reflexou o seu compromiso co galeguismo e co mundo . Durante o exilio franquista en 1944 publicou Sempre en Galiza , desde entón o gran texto do nacionalismo galego .
Deixovos uns dos títulos das suas obras :
1. Cego da romería . (1913)
2. Un ollo de vidro . Memorias dun esquelete . (1922)
3. Cousas . (1926 , 1929 )
4. As cruces de pedra na Bretaña . (1930)
5. Nós . (1931)
6. Os dous de sempre . (1934)
7. Retrincos . (1934)
8. Milicianos . (1938)
9. Sempre en Galiza . (1944)
10. Os vellos non deben de namorarse . ( Obra teatral representada en 1941 , publicada en 1953 )

No hay comentarios:

Publicar un comentario