viernes, 27 de noviembre de 2009

Galiza


Galiza é unha nazón establecida xurídica e administrativamente desde 1978 como Comunidade Autónoma con estatuto de "nacionalidade histórica" segundo a Constitución española .
Está situada no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, con Asturias e Castela e León, ao oeste co Océano Atlántico, ao norte co Mar Cantábrico e, ao sur coa República de Portugal.
Ten como lingua propia o galego, similar e de orixe común co portugués .
A consideración de Galiza como nazón e unha procura constante dun maior grao de autogoberno son defendidas por un número significativo de cidadáns. As tendencias nacionalistas, e mesmo as non-nacionalistas, en Galiza son, na súa meirande parte, de tipo federalista, isto é, a formación dunha federación co resto dos actuais territorios españois ou peninsulares. Ademais, tamén existen grupos independentistas.
Galiza posúe uns 2,78 millóns de habitantes , cunha distribución poboacional que aglomera a meirande parte na franxa entre Ferrol e Vigo. Santiago de Compostela é a capital cun estatuto especial, dentro da provincia da Coruña. En Galiza, os núcleos urbanos con rango de cidade son sete, que segundo criterios poboacionais son os seguintes: Vigo, A Coruña, Ourense, Lugo, Santiago de Compostela, Pontevedra e Ferrol.

No hay comentarios:

Publicar un comentario