viernes, 27 de noviembre de 2009

Prehistoria




As primeiras probas líticas de presenza humana en Galiza remóntanse a hai uns 300.000 anos, no Paleolítico Inferior, durante o Pleistoceno medio. Apareceron restos destes poboadores por todo o litoral, dende Ribadeo ata A Guarda. Estes restos son instrumentos líticos, que nos amosan unha industria Acheulense a base de bifaces, fendedores, triedros,... feitos sobre unha base de cuarzo ou cuarcita. Coñécense dúas culturas, o paleolítico inferior arcaico (ou "cultura dos cantos tallados") e o paleolítico inferior clásico ou Acheulense. A técnica é máis simple na primeira delas. As industrias son simples e o número de tipos reducido.

A primeira claramente identificada, caracterízase pola súa capacidade construtora e arquitectónica, xunto co seu sentido relixioso, fundamentado no culto ós mortos como mediadores entre o home e os deuses. Este sentido relixioso abrangue a súa importancia ata a actualidade. Estaban constituídos en clans. Desa época dan testemuña milleiros de mámoas e medorras espalladas por todo o territorio.

Idade de Bronce
É nestes tempos cando se acada o desenvolvemento metalúrxico, impulsado pola riqueza mineira. Parece que debido ós cambios climáticos, varios pobos da meseta trasladáronse a Galicia, incrementando a poboación e os conflitos entre pobos. É a época de produción de diversos utensilios e xoias de ouro ou de bronce, que mesmo foron levadas máis aló dos Pirineos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario